
O anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura, deixará de ter efecto no momento que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo. As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas, sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos de xustificación do cumprimento do horario. No caso de non disponer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.
Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.
Dirección web: http://intranetxustiza.xunta.es/web/d.x.xustiza/kronos
CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE FICHAXE NO PC DO POSTO DE TRABALLO (KRONOS):
Semana do 10 de decembro
Cangas
Dia 2 de Xaneiro
Betanzos, Ribeira, Lugo, Ourense, Cambados, Ponteareas, O Porriño, Vilagarcia de Arousa.
Día 1 de Febreiro
A Coruña, Arzúa, Carballo, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Ortigueira, Padrón, Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Viveiro, Bande, Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Pobra de Trives, Ribadavia, Verín, Xinzo de Limia, Caldas, Estrada, Marín, Lalín, Pontevedra, Redondela, Tui.
Día 1 de Marzo
Vigo e Ferrol
1 de Marzo
Xulgados de paz con personal funcionario.