Pola DXX remitíusenos a seguinte comunicación en relación co sistema de fichaxe ata a implantación total do sistema Kronos: “….Para
coñecemento de todos, dende a Dirección Xeral de Xustiza quixeramos
facer a seguinte aclaración con respecto ao control horario:
SISTEMA DE CONTROL HORARIO – FICHAXE
En relación co novo sistema de control
horario Kronos que se está a implantar nos xulgados dende o pasado día 1
de novembro, a Dirección Xeral de Xustiza informa que, ate que se
comunique o inicio da fichaxe coa tarxeta corporativa no pc do posto de
traballo nos distintos órganos da Administración de Xustiza en Galicia,
débese fichar unicamente coa
tarxeta antiga, nos puntos de fichaxe situados nos distintos edificios
xudiciais. Ata o de agora os únicos órganos nos que se debe fichar coa
tarxeta corporativa e o sistema Kronos son o Xulgado de 1ª instancia nº 3
e Xulgados do Social de Santiago de Compostela….“
“