Publicado na Intranet. Xa está en funcionamento o
novo módulo para a presentación electrónica de permisos sen
xustificación e vacacións . O novo módulo da aplicación informática de
Xustiza permite a creación, xestión e presentación electrónica de solicitudes de permisos e vacacións. Esta nova opción posibilita a eliminación do uso do papel en toda a tramitación destas
peticións, xa que son electrónicas tanto a sinatura coma a presentación
en todos os seus trámites.
Para poder cursar as peticións electronicamente é preciso posuír un certificado dixital admitido pola SEDE electrónica da Xunta de Galicia, que agora mesmo pode ser tanto o DNI electrónico, un certificado dixital da FNMT e o certificado de empregado público incluido nas novas tarxetas de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza. As solicitudes realizadas polos/as funcionarios/as irán da gabeta de correo persoal á do director funcional, e da deste á do xestor do servizo de Xustiza correspondente, sendo visible en todo momento o estado de tramitación de cada unha das peticións.

Polo momento, e
mentres non se complete a repartición das novas tarxetas identificativas
do persoal ao servizo da Administración de xustiza, que levan
incorporado un certificado dixital de empregado público co que tamén se
poderán realizar as peticións, seguirán convivindo as dúas vías de solicitude, é dicir, a manual e mais a electrónica,
pero na medida do posible esta dirección xeral, nun intento de
axilización, transparencia e economía na tramitación de cantas xestións
se xeran na vida administrativa do persoal ao seu servizo, solicita o
emprego das novas ferramentas, buscando ao mesmo tempo unha maior
familiarización de todos os usuarios co Portal do Empregado Público,
posto que pouco a pouco se intentará que esta sexa a primeira canle de
comunicación entre persoal e Administración. Cando a distribución das
novas tarxetas se complete, informarase do fin da posibilidade de
presentación manual deste tipo de solicitudes.
Para coñecer o funcionamento completo da tramitación, pódese consultar o manual no que se explica todo o procedemento, dende a creación dunha nova solicitude ata a súa resolución.