27 mar 2012

Cursos de linguaxe xurídica galega para funcionarios de dentro da Comunidade

No DOG de hoxe, 27.3.2012, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina xeb da EGAP http://egap.xunta.es
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día da publicación desta resolución no DOG e rematará o 11 de abril de 2012 ás 14.00 horas
Descargar PDF