3 dic 2011

Adaptación do Minerva as reformas procesuais

Pola DXX remitiusenos o seguinte comunicado en relación coa adaptación da aplicación Minerva as reformas das Leis vixentes, e que foron publicadas no BOE do 11 de outubro pasado.

 


“…A Xunta de Galicia solicitou ao Ministerio de Xustiza que lle remita con urxencia a versión do programa informático Minerva coas modificacións necesarias para adaptalo ás leis de reforma procesual publicadas o pasado día 11 de outubro no BOE e que entrarán en vigor o 11 de decembro. A partir desta data o funcionamento da xurisdición social veríase afectado en gran medida no caso de non recibir a versión adaptada de Minerva.
A Administración autonómica recibiu unha versión do programa de xestión que non inclúe estas modificacións, fundamentalmente á que atinxe á colección documental da lei 36/2011, reguladora da xurisdición social, e que supón un enteiro e novo código procesual laboral.
Esta cuestión foi tratada na Comisión Mixta entre os representantes do Tribunal Superior de Xustiza e da Xunta de Galicia, celebrada o pasado mércores 30 de novembro, na que se acordou crear un comité de traballo para habilitar solucións provisionais alternativas para o caso de que non chegue a tempo a versión que está a intentando habilitar o Ministerio de Xustiza e que  dende a Xunta se ven reclamando desde a publicación da reforma….”