No
DOG de hoxe, 28.12.2011, publicase a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de
2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición
pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas
dos programas I (Axuda fillos e estudos fillos) e II (Axuda estudos
funcionarios) correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano
2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado
na Comunidade Autónoma de Galicia. As ditas listaxes están expostas nas
páxinas web: www.xudicial.xunta.es e
http://cpapx.xunta.es/acción-social.
En aplicación da Lei orgánica de
protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos
solicitantes dos programas III (Axuda discapacidades) e IV (Axuda por
celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn) comunicarase persoalmente aos
interesados.