1 ago 2011

Cursos de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior)

No DOG de hoxe, 1.8.2011, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2011 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es, de acordo co disposto na base 4.ª desta resolución; non serán admisibles outros modelos de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para ver a resolución do DOG preme aqui