O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de decreto polo que determina o calendario laboral para o ano 2012 en Galicia. Esta axenda recolle tanto os festivos nacionais como os autonómicos, de xeito que son, en total, doce días festivos de carácter retribuído e non recuperable.
É preciso sinalar que, ao coincidir o 1 de xaneiro en domingo, a Comunidade Autónoma de Galicia opta por substituílo polo 17 de maio, Día das Letras galegas. Deste xeito, súmase ao outro festivo autonómico (25 de xullo, Día de Galicia).
Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:
6 de xaneiro Día de Reis
5 de abril Xoves Santo
6 de abril Venres Santo
1 de maio Festa do Traballo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Día Nacional de Galicia
15 de agosto Asunción
12 de outubro Día da Hispanidade
1 de novembro Todos os Santos
6 de decembro Día da Constitución
8 de decembro A Inmaculada
25 de decembro Nadal
A estes días haberá que sumar as dúas festas locais, que dependerán en cada caso dos distintos concellos.