20 jun 2011

EGAP. Cursos de formación para funcionarios de Xustiza 2011

No DOG de hoxe, 20.6.2011, publícase a RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2011 pola que se convocan accións formativas para empregados públicos da Administración de xustiza de Galicia e se aproban as bases para a participación nestas accións formativas.
O persoal que desexe participar nos cursos publicados  deberá cubrir o formulario de matrícula telemática que está dispoñible na zona de matrícula na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es . Non son admisibles outras formas nin modelos de solicitude de matrícula.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde o día da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O número máximo de cursos en que se pode solicitar participar nesta convocatoria limítase a cinco.
Para ver a resolución preme aqui