O Consello da Xunta deu luz verde ao proxecto de decreto que determina o calendario laboral para o ano 2011 en Galicia. Esta axenda recolle tanto os festivos nacionais como os autonómicos, de xeito que son, en total, once días festivos de carácter retribuído e non recuperable.
É preciso sinalar que, ao coincidir o 1 de maio (Festa do Traballo) e o 25 de decembro (Nadal) en domingo, estes festivos serán substituídos polo 17 de maio (Día das Letras Galegas) e polo 19 de marzo (Día de San Xosé).
Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:
1 de xaneiro Aninovo
6 de xaneiro Día de Reis
19 de marzo San Xosé
21 de abril Xoves Santo
22 de abril Venres Santo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Santiago Apóstolo – Día de Galicia
12 de outubro Día da Hispanidade
1 de novembro Todos os Santos
6 de novembro Día da Constitución
8 de decembro A Inmaculada
A estes días haberá que sumar as dúas festas locais, que dependerán en cada caso dos distintos concellos