No DOG de hoxe publícase o Decreto Lei 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que reduce o CAT nun 4%
Disposicións adicionais
Primeira.-Persoal ao servizo da Administración de xustiza.
O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, pertencente aos corpos e ás escalas de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, que depende organicamente da Xunta de Galicia, percibirá durante o ano 2011 as retribucións básicas e o complemento xeral do posto nos termos que se determinan polo Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.
As contías do complemento específico e do denominado complemento autonómico transitorio reduciranse a partir do 1 de xuño de 2010 nun 4% en relación coas vixentes a 31 de maio de 2010.
A contía das retribucións en concepto de produtividade e das gratificacións, previstas no artigo 519.4 e 5 da Lei orgánica do poder xudicial, reducirase a partir do 1 de xuño de 2010 nun 4% en relación coa vixente a 31 de maio de 2010.