2 ene 2017

A Xunta incrementa nun millón de euros o orzamento para xustiza gratuíta en 2017 e subirá os baremos da quenda de oficio


Resultado de imagen de justicia gratuita
Xustiza destacou o esforzo realizado durante os anos de crise para manter a contía destinada á quenda de oficio, así como a redución nos tempos dos pagamentos para avogados e procuradores, que actualmente se sitúa nunha media de 20 a 30 días.
Xustiza rexistrará en 2017 un máximo histórico en canto á partida para esta materia, cun total de 140 millóns de euros de orzamento, onde se inclúe a contía para xustiza gratuíta, 11 millóns, así como un ambicioso plan de infraestruturas xudiciais con obras como a rehabilitación da Fábrica de Tabacos da Coruña ou a nova Cidade da Xustiza de Vigo.