SPJ-USO alerta da “sobrecarga de traballo” que viven os funcionarios, “incapaces de asumir o colapso no que se achan”.
O Sindicato Profesional de Justicia (SPJ), integrado na Unión Sindical Obrera (USO), vén de denunciar o “colapso” que se vive nos seis xulgados do penal da Coruña, onde “a situación que atravesan se agrava cada vez máis”, din. SPJ-USO alerta da “sobrecarga de traballo” que está a levar a estes xulgados a “unha situación agonizante a pesar das continuas denuncias formuladas polos propios titulares da xurisdición penal”.