21 dic 2016

Nace o Portal Xurídico Galego en prol dun dereito na lingua propia de Galicia


Resultado de imagen de ley autonomica gallega
Ver enlace de noticia completa Co nome de ‘Portal Xurídico galego e base de datos de lexislación galega consolidada’ este novo recurso telemático recollerá no enderezo web Lex.gal a totalidade da lexislación galega consolidada e comentada, desde a preautonomía á actualidade, que manterá actualizada de forma permanente. Asemade, ademais das leis, o portal acollerá tamén gran parte dos decretos do executivo galego e unha cantidade importante das ordes das consellerías.
A Xunta, o Parlamento e a Universidade de Santiago de Compostela lideran este proxecto coral
O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de Cultura e Educación participaron na presentación desta nova ferramenta, que recollerá a totalidade das leis de Galicia, así como os decretos e ordes máis relevantes