Na Intranet publican hoxe, 28/10/2016, a Adxudicación definitiva de destinos do concurso ordinario para os corpos de xestión, tramitación e auxilio 2016.
TOMAS DE POSESIÓN E CESAMENTOS DO CONCURSO DE TRASLADOS
O luns 7 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 25 de abril de 2016.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na Resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2016 venres, auxilio e xestión o día 15/11/2016, martes), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa Resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
- Fotocopia DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria e/o tarxeta de MUGEJU (número de afiliación)
- Certificado de haberes
- Certificado ou copia dos trienios
- Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
- Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado en Galicia:
- Fotocopia DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
Persoal que vaise fora de Galicia:
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CCAA de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberán facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario. No caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de persoal de xustiza.
- Entrega de tarxeta
*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse á maior brevidade posible ao correspondente servizo de persoal de xustiza.
- Ficheiros de adxudicación de destinos definitivos para os corpos de xestión, tramitación e auxilio en orde alfabética publicados na páxina web da Dirección Xeral de Xustiza.