23 sept 2016

ORDE do 22 de setembro de 2016 pola que se crea e se regula a sede xudicial electrónica de Galicia.


logoDOGPreme para ver resolución A Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de xustiza, dedica especificamente o capítulo I do título III a definir e regular a «sede xudicial electrónica» que, de conformidade co seu artigo 9, se define como «aquel enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponden a cada unha das administracións competentes en materia de xustiza»