13 abr 2016

ACCIÓN SOCIAL 2016

SPJINFORMA55

No DOG de hoxe publicase RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2016 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
 TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:
a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos no punto 1.
. b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %. No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha. 1.4. No suposto de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarios respecto do mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda.
PRAZO.- 15 DÍAS HÁBILES.