15 ene 2016

PERMISO POR GARDAS DE DISPOÑIBILIDADE DOS DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO.

spjgalicia2

SPJ-USO  CONSEGUE QUE A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA CONCEDA UN DIA DE PERMISO A CAMBIO DA DISPOÑIBILIDADE NAS GARDAS DOS DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO. 
O artigo 10 da ORDE do 18 de xuño de 2014 sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de Xustiza en Galicia, actualmente en vigor,  establece que “Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas xudiciais, con excepción dos servizos de garda. Cando os devanditos días coincidan en festivo, sábado ou día non laborable, compensarase cada día cun día adicional de permiso por asuntos particulares.”

O artigo 18 desa mesma orde, no seu punto e) di que “O personal funcionario que esté de garda o día 24 ou 31 de decembro, a non ser que coincidan en sábado ou domingo, terá dereito a un día mais de asuntos particulares”.
Por suposto que os funcionarios que fan gardas de permanencia teñen un día mais de asuntos particulares; O problema surxe coas gardas de dispoñibilidade. Ainda que o artigo no seu teor literal non diferencia entre tipos de gardas, as delegacións provinciais ata o de agora non concedían dito permiso para as gardas de dispoñibilidade salvo que expresamente se fichase por actuacións de garda en dito dia; dito de outro modo, non compensaban a dispoñibilidade.
Cos anteriores mimbres, desde SPJ-USO empezamos a loita,  presentamos os correspondentes escritos na DXX, e non cesamos no empeño de que “a orde dí o que dí”, e no dia de hoxe a DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, ACCEDENDO Á NOSA SOLICITUDE INFÓRMANOS QUE OS FUNCIONARIOS QUE OS DÍAS 24 OU 31 DE DECEMBRO ESTIVESTES DE GARDA DE DISPOÑIBILIDADE TAMÉN TEDES DEREITO A UN DÍA MAIS DE ASUNTOS PARTICULARES POR CADA UN DELES.
A solicitude debe facerse a través do OPAX,   dentro dos permisos  AUSENCIA DO POSTO DE TRABALLO  e especificar  no apartado OBSERVACIÓNS que se solicita por estar de garda os días 24 ou 31 de decembro, e debe  achegarse o XUSTIFICANTE DE GARDA e validarse a solicitude polo Letrado da Administración de Xustiza.
Polo que informamos para que todos os que estivestes de garda de dispoñibilidade poidades exercer o voso dereito.
SPJ-USO,  FEITOS NON PALABRAS.
SPJ-USO, O TRABALLO DA OS SEUS FROITOS.