SPJ-USO DENUNCIA: ¿QUÉ PASA CO CAT DOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA?
NOVA CIRCULAR CATA Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG Nº 82 do 4/5/2015), na súa Disposición transitoria 12ª: “Recuperación dos niveis retributivos do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia”, dispón:
- Co obxecto de recuperar os niveis retributivos dos traballadores do sector público autonómico, créase un fondo de recuperación retributiva cuxa dotación se concretará nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma.
- O fondo mencionado na alínea anterior desta disposición recollerá durante un período máximo de tres anos a dotación precisa para proceder ao completo reintegro das retribucións axustadas en aplicación do Real decreto lei 20/2012. Ademais, o devandito fondo financiará con carácter consolidable a reposición das dúas pagas adicionais do complemento específico ou retribucións equivalentes.
En decembro do ano pasado, anunciouse a recuperación parcial da paga extraordinaria de decembro de 2012, e tamén se explicaba que no ano 2016, os empregados públicos de Galicia, íamos recuperar 1/3 do complemento específico (no noso caso o CAT) nas nosas pagas extraordinarias, anunciando tamén, que se a situación económica o permitía, a Xunta de Galicia valoraba a posibilidade de que voltásemos cobrar íntegras as pagas extra no ano 2017, un ano antes de rematar o prazo establecido na Lei de emprego público.
SPJ-USO, denuncia que na Lei de presupostos de Xunta de Galicia correspondentes ao ano 2016, non se fai mención algunha ó fondo de recuperación retributiva nin se menciona a recuperación do Complemento específico / CAT. É de destacar que somos os únicos funcionarios de xustiza en todo o estado que seguen sen cobrar as pagas extras íntegras, a pesares de presentar, según se di, unhas contas públicas moito mellores que as das outras autonomías.
SPJ-USO xa foi no seu día o único sindicato que iniciou accións xudiciais contra este inxusto desconto sobre o total das nosas retribucións anuais, por entender que, debido o noso estatus de corpos nacionais, a única cantidade que sae directamente dos fondos autonómicos é a correspondente ó CAT, sendo o resto de cantidades integrantes das nosas nóminas transferidas polo goberno central, polo que ningún desconto debíamos sofrer sobre as mesmas.
Non o viron así os xuíces, por claro que pareza, salvo no caso da demanda presentada en Ferrol, que foi estimada parcialmente no sentido de que si ben non anula o recorte do CAT, estima a nosa pretensión de que se faga o cálculo do desconto para o persoal de Xustiza coa mesma fórmula utilizada para o resto dos empregados públicos de Galicia, o que daría como resultado unha redución do desconto de entre 100 e 300 euros anuais dependendo do corpo.
Na actualidade, esa sentencia atópase recorrida en casación por interese de lei autonómica perante o TSXG, e se o a resolución do recurso nos fose favorable, emprenderíamos as accións oportunas para que todo o colectivo se poda beneficiar, xa que sentaría un criterio favorable ós nosos intereses.
Sen perxuizo da acción xudicial, SPJ-USO esixe á Xunta de Galicia o fin dos recortes nas nosas nóminas, tal e como ocorre no resto do Estado, e chamamos ós demais sindicatos a unirse a nós nunha campaña de información e movilización do noso colectivo.
Non podemos permitir que os nosos xa máis que minguados salarios, que levan sufrindo recortes dende o ano 2010, sexan os únicos de todo o Estado que seguen a sofrer recortes neste período de suposta recuperación económica.
É O MOMENTO DE DICIR ¡ BASTA XA! A TANTO RECORTE, A TANTA MENTIRA SOBRE A BOA SITUACIÓN ECONÓMICA, SOBRE A DEVOLUCIÓN DE CARTOS E DÍAS, A TANTA CONFORMIDADE E PASIVIDADE NA DEFENSA E RECUPERACIÓN DOS NOSOS DEREITOS.
O VINDEIRO NADAL, VOLTAREMOS A SUFRIR OS RECORTES, PERO NON FICAREMOS CALADOS. TEMOS QUE BERRAR QUE ESTAMOS FARTOS.
“O CAT É NOSO”
SPJ-USO: feitos, non palabras