4 sept 2015

ORDE do 31 de xullo de 2015 pola que se establece a notificación electrónica dos expedientes de asistencia xurídica gratuíta.


logo_dogA Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, regula nos seus artigos 27 e 28 as comunicacións e notificacións electrónicas, cuxa práctica supón unha das expresións máis importantes da Administración electrónica, ao pasar a constituír tanto o medio de comunicación preferente entre as distintas administracións públicas como unha forma de comunicación rápida, áxil e eficaz destas cos administrados e administradas.