
Fartos da inxustiza que se está a perpetuar dende o ano 2013 no que a EGAP de xeito unilateral e coa anuencia da Dirección Xeral de Xustiza, decidiu suprimir a convocatoria anual dos cursos de linguaxe xurídica galega, dende SPJ-USO, ante a falta de resposta e compromiso da administración DENUNCIAMOS esta situación ante a mesa de normalización e ante a Valedora do pobo co fin de que requiran a Xunta de Galicia a convocatoria dos cursos de linguaxe xurídica galega superior, tanto para persoal destinado en Galicia como para os que están fóra.
Resulta vergoñento que levemos tres anos sen convocar os devanditos cursos que no seu día deixaran de facelo co pretexto sagú resolución do director da EGAP “das diminucións das transferencias que lle impoñían un axuste dos créditos asignados.” Logo a escusa pasou por botarlle as culpas os propios profesores de galego por mor dun contencioso con eles que se estaba a resolver. Nestes últimos tempos voltaron as convocatorias de cursos de linguaxe administrativa, abertos tan só os funcionarios da administración pública galega, co que resultan de todo ineficaces para atender a demanda existente e facendo totalmente necesarios a convocatoria dos cursos de linguaxe xurídica galega nos termos en que se viña facendo ata o ano 2012.
Non conformes de ningún xeito con esta actitude, SPJ-USO ven denunciando nos últimos tempos e según consta nas actas das mesas sectoriais esta situación e esixindo a súa convocatoria de xeito inmediato. Sen ir máis lonxe a semana pasada informábamos que “….DADA LA INSUFICIENCIA DE LOS CURSOS PUBLICADOS PARA AFRONTAR LA ENORME DEMANDA EXISTENTE, EXIGIMOS A LA DXX LA CONVOCATORIA URGENTE Y DE UNA VEZ POR TODAS, DE LOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA PARA LOS FUNCIONARIOS DESTINADOS EN GALICIA Y POR SUPUESTO TAMBIÉN PARA LOS COMPAÑEROS DESTINADOS FUERA DE GALICIA, A QUIENES SISTEMATICAMENTE, SE LES ESTÁ NEGANDO EL ACCESO A LOS MISMOS, CERCENANDO CON ELLO SUS POSIBILIDADES DE RETORNO. ¡BASTA YA DE EXCUSAS Y TRATO DISCRIMINATORIO CON ESTOS COMPAÑEROS! . EN LOS PRÓXIMOS DÍAS Y EN FUNCIÓN DE LA ACTITUD QUE MUESTRE LA DXX, OS INFORMAREMOS DE LAS ACCIONES EMPRENDIDAS, DIRIGIDAS A RECUPERAR LAS CONVOCATORIAS ANUALES DE LOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA.”
Para a nosa sorpresa e sen previo aviso, no DOG de 15 de setembro a EGAP ven de publicar unha miserable e insultante convocatoria de cursos esta vez sí, de linguaxe xurídica, pero cun número de prazas irrisorio esquecéndose do nivel superior que precisamente é o que máis compañeiros precisan.
Con esta actitude a Xunta de Galicia, unha vez máis, deixou patente o seu total descoñecemento do alcance dos cursos que eliminou. Non se trata dun curso de inglés ou de especialización nalgunha rama do dereito. Precisamente foron a recortar os cursos que para todos os compañeiros destinados fóra da nosa terra, constitúen a esperanza de voltar canto antes coas súas familias, posto que xunto a antigüidade, estes cursos, son os únicos méritos baremables nos concursos de traslados.
En consecuencia e dada a flagrante vulneración dos dereitos lingüísticos recoñecidos no noso Estatuto de Autonomía e na Lei de normalización lingüística de Galicia, xunto co abandono no que se está a deixar os funcionarios que privados deste cursos ven mermadas as súas posibilidades nos concursos de traslados e convocatorias diversas, interesamos da VALEDORA DO POBO que en exercicio das competencias que ten atribuídas no marco da Lei orgánica 3/1981, de 6 de abril, en desenvolvemento do recollido no artigo 54 da Constitución, requira a Dirección Xeral de Xustiza e demais órganos competentes, para que de xeito inmediato convoque os devanditos CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA DE NIVEL SUPERIOR E INCREMENTE AS PRAZAS DO NIVEL MEDIO, PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA E CON MAIOR FUNDAMENTO, PARA OS DESTINADOS FÓRA, en cumprimento da normativa vixente que impón a Xunta de Galicia a obriga de promover, de acordo cos órganos correspondentes, a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza así como a Escola Galega de Administración Pública encargada da formación dos funcionarios a fin de que poidan usa-lo galego nos termos establecidos na lei de normalización lingüística.