O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de decreto polo que determina o calendario laboral para o ano 2016 en Galicia. Esta axenda recolle tanto os festivos nacionais como os autonómicos, de xeito que son, en total, doce días festivos de carácter retribuído e non recuperable. A estes, hai que engadir dous festivos locais en cada concello.
O calendario laboral galego para 2016 incluirá como festivos propios os días 17 de maio, martes; e 24 de xuño, venres. O próximo exercicio hai dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de maio, que se substitúe polo 17 de maio, martes, Día das Letras Galegas; e o 25 de decembro, que se cambia polo 24 de xuño, venres, con motivo da celebración do día de San Xoán.Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:
FESTIVIDADE DATA
Ano novo 1 xaneiro venres *
Epifanía do Señor 6 xaneiro mércores **
Xoves Santo 24 marzo xoves **
Venres Santo 25 marzo venres *
Festa do Traballo 1 maio domingo ***
Día das Letras Galegas 17 maio martes ****
San Xoán 24 xuño venres ****
Día Nacional de Galicia 25 xullo luns **
A Asunción da Virxe 15 agosto luns *
Festa Nacional de España 12 outubro mércores *
Todos os Santos 1 novembro martes *
Día da Constitución Española 6 decembro martes *
A Inmaculada Concepción 8 decembro xoves *
Natividade do Señor 25 decembro domingo ***
(*)Festa de carácter nacional non substituíble
(**)Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución
(***)Festivos obrigatorios que caen en domingo
(****)Festa propia da Comunidade Autónoma