30 jun 2015

SPJ-USO SOLICITA NOMEAMENTO URXENTE PARA O XULGADO Nº 1 DE VIVEIRO


spjusoinforma3ASUNTO: NOMEAMENTO URXENTE DE FUNCIONARIO DO CORPO DE TRAMITACION NO XULGADO MIXTO Nº 1 DE VIVEIRO
Juan Carlos Dacal Insua, dni nº 34.991.711-V en representación do  Sindicato Profesional de Justicia da Unión Sindical Obrera, con domicilio a efectos de notificacions na Av. del Ejercito nº 10 1º de A Coruña.
EXPOÑO:
1º.-  Que o pasado día 16 de xuño, a tramitadora titular do Xulgado mixto nº 1 de Viveiro, Dª Lourdes Touceda, que desenvolve a súa actividade no Rexistro civil, está a traballar por substitución no Xulgado Mixto nº 1 de Vilagarcía de Arousa.

.- Que a praza que está cubrindo está funcionaria en sustitución, atópase vacante por xubilación, e, xa que non saíu ofertada no último concurso de traslado, é de prever que a substitución dure, cando menos, ata a resolución do vindeiro concurso de traslado correspondente ó ano 2016, data que se pode situar aproximadamente no mes de novembro, vistos os concursos de anos anteriores.
3º.– Que desde ese momento, o Rexistro civil de Viveiro está atendido únicamente polo funcionario titular de Auxilio Xudicial, que, a maiores, ten que encargarse do traballo propio do seu corpo, especialmente da asistencia á sala de vistas; polo que non pode atender ó traballo propio do Rexistro civil, ni estar físicamente nas súas dependencias en moitos momentos da xornada.
4º.– O Xulgado nº 1 de Viveiro soporta unha enorme carga de traballo, polo que non pode dedicar ningún dos outros funcionarios ó Rexistro civil, que por ese motivo, encóntrase na actualidade desatendido. Está situación vese agravada polo feito de que xa comezaron os turnos de vacacións co que os funcionarios xa teñen que cubrirse noutras dependencias ademáis do Rexistro Civil.
.- Que contando o partido xudicial de Viveiro con só dous Xulgados, éstes teñen servicio de garda cada quince días, o que aínda complica máis a situación exposta.
SOLICITO:
             Que se proceda a nomear coa maior celeridade, un funcionario interino do corpo de tramitación procesual e administrativa para cubrir a praza da funcionaria titular que se encontra en sustitución en outro Órgano, para evitar a desatención e acumulación de traballo, tanto no Rexistro Civil, como no resto de dependencias do Xulgado mixto nº 1 de Viveiro
Ferrol a trinta de xuño de dos mil quince.
DIRECCION XERAL XUSTIZA
Praza Europa 5A-4º, Polígono de Fontiñas- SANTIAGO DE COMPOSTELA