8 jun 2015

MAIS MOTIVOS PARA QUE NOS DES O TEU APOIO O 18 DE XUÑO

VOTAMAIS MOTIVOS PARA QUE NOS DES O TEU APOIO  A semana pasada entre outras cuestións,  tentamos de explicarvos as actuacións que levamos a cabo  para recuperar os roubos da paga extra 2012 , do desconto do CAT, das reclamacións e actuacións xudiciais en apoio dos compañeiros con firma delegada no rexistro civil e das reclamacións  en relación ós compañeiros que desempeñan secretarías  nos xulgados de paz. Neste novo comunicado queremos que coñezades o resto do traballo desenvolvido nestes últimos catro anos polo noso sindicato, para que si así o estimades nos dedes o voso apoio o próximo 18 de xuño.

Na meirande parte dos centros de traballo poderedes lembrar algún problema que tivestes, persoal ou colectivo, e de seguro que identificades o delegado de SPJ-USO que tratou de arranxalo, que o denunciou e se moveu para poñerlle remedio.
QUE FIXEMOS RESPECTO DA MISERABLE PENALIZACION DAS NOSAS ENFERMIDADES ?
SPJ-USO, puxo toda a carne no asador, xa que podemos dicir moi alto que  fomos o único sindicato da mesa sectorial de xustiza de Galicia que recurriu na via xudicial o vergonzoso Decreto das ITs, (os tristes descontos que nos fan polas nosas baixas),presentando unha demanda ante o T.S.X.G para tumbar o decreto da Xunta polo cal se nos descontan auténticas barbaridades polas baixas. A demanda foinos desestimada e nesa bochornosa sentencia, (que tedes á vosa disposición e que xa vos explicamos persoalmente, coma sempre),consagra argumentos como que os xuíces, maxistrados e fiscais son distintos, e por tanto “tienen distinta posición en cuanto a disponibilidad presupuestaria y para afrontar la contención del gasto público” , ou que “Por lo que la situación económica y de disponiblidad presupuestaria de cada una puede justificar un distinto (tratamiento a los funcionarios que de ellas dependen”. En resumen, que son distintos, ou por usar un término de rabiosa actualidade, son outra casta.
Pero aínda por enriba e para que non se nos pase pola cabeza volver a tusirlles nos impoñen unhas custas de 1500 euros. E neste punto compañeiros temos que volver a facer a mesma pregunta que nos fixemos a semana anterior . Que custas tiveron que pagar o resto de sindicatos que nos representan na mesa de xustiza? .  Que actuacións xudiciais emprederon para que non se nos desconte polas baixas?…..,  para que non se nos desconte por unha gripe , ou por unha gastrointeritis, ou por un esguince, etc, etc?.
 Seguiremos loitando, na via negociadora máis na xudicial, ata conseguir a modificación do Decreto que regula as incapacidades temporais durante as baixas laborais no sentido de que nos paguen o que é noso, esto é, o 100 % das retribucións.
QUE FIXEMOS RESPECTO DOS DIAS DE ASUNTOS PROPIOS E VACACIONS ROUBADOS.
Loitamos contra os recortes dos “canosos”, sen éxito polo de agora, xa que os xuíces non foron quen de dar un paso adiante e asumir os máis que acertados fundamentos das sentencias ditadas polo Xulgado Contencioso administrativo de Bilbao, preferindo neste tema asumir unha posición servil e consagrar que o goberno poda limitar os nosos dereitos adquiridos cando lle pete. Aínda así, podemos dicir coa cabeza ben alta que polo menos, intentámolo, e que seguiremos aproveitando calquera posibilidade que xurda para tratar de recuperar a totalidade dos dias  adicionais de vacacións e asuntos particulares por antiguidade, así como os 9 días de asuntos particulares que nos roubaron.
QUE FIXEMOS RESPECTO DOS PROXECTOS LEXISLATIVOS QUE PRETENDÍAN UNHA XUSTIZA DE PAGO, ALONXADA DA CIDADANÍA ?
SPJ-USO, estivo sempre, e seguirá estando, ó voso lado para brindarvos todo o apoio nas reivindicacións do colectivo, como fixemos na frustrada modificación dos partidos xudiciais, formando parte activa das plataformas que se constituiron nesa loita, ou na finalmente abortada privatización do rexistro civil, contra a que loitamos dende hai anos.
En todas esas mobilizacións tivemos unha destacada presenza, en todas e cada unha das manifestacións, que se fixeron tanto en Galicia como en Madrid, os delegados sindicais de SPJ-USO estivemos a carón dos compañeiros, loitando para cambiar as cousas.
QUE POSICIÓN MANTIVEMOS RESPECTO DA UNIDADE SINDICAL QUE NOS DEMANDADES?
Porque comprendemos a unidade sindical coma un instrumento para acadar os nosos obxectivos, e non coma unha hipoteca que impida a confrontación de ideas e a liberdade dos delegados sindicais para ir por camiños diferentes, estivemos sempre coa maioría nas mobilizacións, e só nos permitimos ir en contra do resto cando consideramos que se traizoaban os compromisos adquiridos respecto dos compañeiros .
No groso e no miúdo, queremos que sempre teñades un delegado de SPJ-USO que vos poda votar unha man no que necesitedes. E para iso, necesitamos que renovedes a vosa confianza en nós, que vaiades votar e apostedes por unha  forma distinta de facer sindicalismo, un sindicalismo de persoas, non de siglas, onde a comunicación sexa fluída e natural entre os delegados e os  traballadores.
Nestas eleccións, o que está en xogo é seguir contando con esta presencia en todos os centros de traballo, aumentala ou suprimila. Todo depende de vós; se valorades e apoiades a nosa forma de facer sindicalismo, o noso traballo o longo destes catro anos, o vindeiro 18 de xuño.
Vota  Tejada, vota Felipe, vota Fran, vota Bouza, Vota  Bea, vota  Nilo, vota Quique, vota Juan Carlos, vota Santi.
VOTA SPJ-USO
VOTA POLO TRABALLO E A SERIEDADE
FEITOS, NON PALABRAS