12 may 2015

RESUMEN DO PLAN DE VACACIONS


spjusoinforma3   No día de hoxe, publícase na intranet de Xustiza o plan de vacacións correspondente a este ano. A continuación, resumimos a información máis importante do mesmo.
  

  TEMPADA A:
Verán: 1/7/2015 ata 30/9/2015 prazo para solicitudes ata o 21 de maio
Nadal: 23/12/2015 ata 6/1/2016 prazo para solicitudes ata o 15 de decembro
   Porcentaxes de permanencia:
50% do cadro de persoal
33% do cadro de persoal no mes de agosto (agas RC de Vigo e Coruña, que será do 50%)
   TEMPADA B:
7/1/2015 ata 27/3/2015
6/4/2015 ata 30/6/2015
1/10/2015 ata 22/12/2015
7/1/2016 ata 15/1/2016
En todos os períodos o prazo para solicitudes e ata o dia 15 do mes anterior ao do gozo das vacacions
   Porcentaxes de permanencia:
Xulgados 1ª Instancia, mercantil e social: 80%
Xulgados Mixtos, Penal, Violencia sobre a muller, menores e vixilancia penitenciaria: 75%
Fiscalías, Servicios común, decanatos e outras oficinas e servicios: 70%
Tribunais (TSXG e AP), Xulgados de instrucción, RC exclusivos Coruña e Vigo, Xulgados de Paz: 60%
   SOLICITUDES FORA DE PRAZO.- Só se poderán solicitar por motivos debidamente xustificados ou de urxencia, debendo achegar a documentación que a xustifique.
   CONSIDERACIONS COMUNS.-
Centro de traballo: Respecto dos órganos dotados cunha soa praza de auxilio xudicial, considéranse centro de traballo todos os xulgados da orde  xurisdiccional respectiva. Tamén se aplicará o mesmo nas vilas con 2 ou máis xulgados mixtos.
Solicitude e presentación: Tramitación obrigatoria a través de OPAX. Asinaránse electrónicamente, pasando á bandexa do superior jerárquico para informe e validación. Se por motivos técnicos non se obtivera o visado do superior, deberán remitirse via fax ao servicio de persoal no prazo de 5 días habíles dende a sinatura electrónica.
A Coruña: 981184450 – Lugo: 982294266 – Ourense: 988386384 – Pontevedra (Vigo): 98681700
Prazo: As vacacións gozaranse dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte.
Funcionarios procedentes doutras CCAA: deberán achegar certificación das vacacións consumidas no exercicio anual.
Posposición e modificación dos periodos solicitados: O persoal poderá,por unha soa vez
– Renunciar ao periodo concedido, comunicándoo con 5 días de antelación
– Permutar voluntariamente, dentro da mesma unidades, os periodos concedidos
– Solicitar o cambio das vacacións concedidas por outras do mesmo periodo, aínda con distinta duración
Deberase anular electrónicamente a petición inicial e facer unha nova. A anulación non require validación do superior, pero a nova solicitude sí.
Baremo: A orde de preferencia en caso de coincidencia temporal é a seguinte:
– Mulleres xestantes
– Persoal con fillos < 3 anos ou maiores dependentes ó seu cargo
– Persoal que non exercese a preferencia neste exercicio ou no anterior
– Antigüidade na Admón de Xustiza
– Escala
– Antigüidade no destino
– As vacacións sempre son preferntes ao permiso de asuntos particulares.
Para acceder a circular premer aquí.