21 may 2015

BOLSA DE TRABALLO DE MEDICOS FORENSES

logo_dogNo DOG do día 20 de Mayo, publicouse a
RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, así como as listaxes provisionais da baremación dos méritos dos admitidos, da bolsa de traballo de médicos forenses, convocada pola Orde do 29 de setembro de 2014.
En cumprimento do disposto na base cuarta do artigo 3 da Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se establece o procedemento de selección e nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa, e unha vez vistas as solicitudes recibidas polos aspirantes,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das bolsas de traballo de médicos forenses, así como as listaxes provisionais da baremación dos méritos dos admitidos, e acordar a súa publicación no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.
Segundo. Os aspirantes admitidos terán dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, para formularen as alegacións que coiden pertinentes en relación coa baremación provisional.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.
Para ver a publicación no DOG premer aquí. 
Para acceder as listaxes premer aquí.