7 abr 2015

SPJ-USO ACADA A PRIMEIRA SENTENZA EN GALICIA CONTRA OS RECORTES NO CAT DE FEIJÓO

spjgalicia2O Xulgado Contencioso-administrativo de Ferrol ven de ditar a primeirasentencia que revoca, en parte, os recortes que o Sr. Feijóo nos ven practicando no CAT desde o ano 2013.
A sentencia, de data 25 de marzo, desestima a nosa petición principal, que solicitaba que o desconto previsto na Lei de presupostos da Xunta se nos aplicase únicamente sobre o CAT, por ser o resto das nosas retribucións conceptos de determinación estatal, e por tanto, cantidades transferidas.

Non obstante, o maxistrado sí que estima a nosa petición subsidiaria, consistente en que para calcular o recorte se nos aplicara a regla de cálculo que a Xunta utiliza para o resto dos funcionarios galegos, considerando a eses efectos que o complemento autonómico transitorio é equivalente ó complemento específico dos demais empregados públicos de Galicia, e como resultado, tras aplicar dita regla de cálculo, ó demandante, pertencente o corpo de auxilio,hai que devolverlle 97,59 euros, polos descontos do ano 2013.
Respecto dos outros corpos, aproximadamente, no caso dos tramitadores, esa cantidade podería ascender  a 150 euros, e no caso dos xestores, serían máis de 300 euros. As cantidades non son fixas, se non que dependen das circunstancias persoais de cada funcionario, segundo o corpo e destino, e estarían referidas exclusivamente ó ano 2013.
Hai que dicir que as nosas demandas anteriores contra os recortes do CAT foron desestimadas nas localidades de Vigo, Ourense e A Coruña, e poriso esta sentencia é importante, en tanto que rompe unhatendenciaPero tamén e certo que hai que ter moita  cautela, posto que a sentencia non é firme e cabe apelación no prazo de 15 días, polo que xa vos informaremos de si a Xunta interpón recurso e dependendo diso as medidas a adoptar polo noso sindicato.