29 abr 2015

REXISTRO CIVIL “ACADAREMOS A VITORIA FINAL”

33d7987615b8909f908500252c2453c4REXISTRO CIVIL: ELIMINATORIA GAÑADA….. COMPETICIÓN EN XOGO; XUNTOS ACADAREMOS A VITORIA FINAL.
Sigamos loitando polo obxetivo de manter o Rexistro Civil na Administración de Xustiza.
Como continuación da nosa anterior circular, onde decíamos que aínda quedaba o partido de volta, e pedíamos prudencia xa que tan só tíñamos unhas verbas do Sr. Catalá, hoxe podemos decir que o partido de volta tamén o gañamos, e así, na mesa sectorial celebrada no día 28-4-2014 en Madrid, o Ministro comprometeuse a:

  1. Derogar o Real Decreto 8/2014 (que privatiza os Rexistros Civiles) e a Ley 18/2014.
Isto farao mediante a presentación de enmendas a Ley de reforma administrativa e do Rexistro civil.
  1. Respecto da entrada en vigor da Ley 20/2011 do Rexistro Civil, prorrogarase a entrada en vigor ata a segunda metade de 2016 como mínimo, non sendo descartable unha prórroga maís amplia.
Desde SPJ-USO Galicia solicitamos de todos os compañeiros da Xustiza, dos demais Sindicatos, e das organización profesionais e cidadáns un último esforzo para  lograr a victoria final, que non sería outra que o mantemento dos Rexistros  Civís na Administración de Xustiza, ó cargo de Secretarios Xudiciáis e servido por Funcionarios de Xustiza que somos os especialistas no Rexistro Civil pola nosa experiencia.
Para isto non sería necesario nin unha derogación da Ley 20/2011, só con unha modificación da  mesma sería suficiente.
REXISTRO CIVIL PÚBLICO, GRATUITO, MODERNO, E Ó CARGO DOS SECRETARIOS XUDICIAIS E SERVIDO POR FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. CONSEGUIRÉMOLO.