No día de onte, ditouse en Ourense o primeiro Auto de extensión de efectos da Sentencia gañada por SPJ-USO, que nos devolve a paga extra que nos roubou a Administración no ano 2012.
Como xa vos informamos nun comunicado anterior, o T.S.X.G ditou Sentencia no recurso de casación en interese de Lei, interposto pola Xunta de Galicia contra a sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Nº 2, na que se nos devolvía a totalidade das pagas extra e adicional de decembro do ano 2012. Nesa sentencia o TSXG reduce a contía da “paga adicional”, concedendo só a parte proporcional correspondente ó período transcorrido ente o 1 de xuño e o 10 de agosto de 2012.
Pois ben, en virtude desa Sentencia do TSXG, a Xunta pretendía que se desestimasen todas as extensións de efectos presentadas en Ourense e, que se arquivasen as mesmas, cousa que grazas ó traballo da nosa Asesoría Xurídica non ocorreu. Coas nosas alegacións, fixémoslle ver ó Xuiz, que era posible estimar a extensión de efectos, lóxicamente coa redución da paga adicional que postulou a Sentencia do TSXG, e finalmente, ó Xuiz non lle tremou a man e ditou auto estimando a extensión de efectos e condenando en custas á Xunta de Galicia.
Tras este primeiro auto, xa virán todos ós demais, xa que en todos os incidentes de extensión se fixeron as mesmas alegacións tanto por parte da Xunta como pola nosa parte.
Esta nova vitoria sobre a Xunta, únese á que xa acadamos na localidade de Ferrol, onde máis dun centenar de compañeiros van recuperar a extra de 2012 próximamente gracias ós esforzos deste sindicato tanto nas extensions de efectos, coma no incidente de execución que impulsamos para evitar que a Xunta nos descontara unhas cantidades “fantasmas” que alegaban que xa nos devolveran en febreiro de 2013.
A outra forma de recuperar a totalidade da paga extra do 2012, e esperar a que a Xunta a pague nos cómodos plazos previstos na próxima lei de emprego público de Galicia, que se atopa na fase de enmendas. Según esta lei, neste ano se cobrará o 25%, no 2016 o 50%, e no 2017 o restante 25%.
Polo tanto, seguimos mantendo que a forma máis rápida e económica para que todos os compañeiros recuperen a paga extra do 2012, é a extensión de efectos das sentencias gañadas por este sindicato, e animamos a todos os funcionarios que tiñan destino no 2012 na provincia, ou que na actualidade teñen domicilio na mesma, a que presenten as oportunas solicitudes de extensión de efectos.
Este sindicato está, como sempre, á vosa disposición para presentar esas extensións, nas mesmas condicións que as máis de CEN EXTENSIONS xa presentadas ata o momento.
Todos os que queirades pedir a extensión, tendes ao pé deste comunicado os teléfonos de contacto dos nosos delegados que vos indicaran como facer o trámite.
Para ver a circular preme aquí.