29 ene 2015

ACLARACIÓN DA ESMOLA QUE NOS “ADIANTA” A XUNTA.


logo spj originalDEVOLUCIÓN PAGA EXTRA DE 2012 ACLARACIÓN DA ESMOLA QUE NOS “ADIANTA” A XUNTA.  O SR. FEIJOO NON ACATA AS SENTENCIAS XUDICIAIS  
     Aclarar que o recibido nesta nómina de xaneiro, non é mais que un pago voluntario, á conta do que nos recoñecen a multitude de sentenzas xudiciais obtidas por SPJ-USO GALICIA, e que o cálculo está feito baseándose no que corresponde á Administración Xeral do Estado, ou sexa 44 días de paga extra e 14 días de paga adicional. Como ben sabedes, na administración de Xustiza correspondenos o 100 % da paga extra e a parte proporcional (1 de xullo a 9 de agosto) da paga adicional. 

Seguramente xa teredes comprobado que as cantidades que figuran na nómina de xaneiro 2015 que nos acaban de remitir, en concepto recuperación paga extra e paga adicional decembro 2012, non se corresponden co 12,5% tan anunciado. Intentaremos aclarar estes extremos. Tede en conta que se fixo o cálculo por días devengados na paga extra e na paga adicional e non de forma xenérica aplicando un 12,5% sobre tales conceptos. Se facedes as comprobacións seguindo estas instrucións sairavos exacta a cantidade retribuída.
No concepto de extra pagan a metade dos 44 días, que se anunciara para todo o Estado,  que ven sendo un 12,02%. Como sabedes a paga extra comprende soldo base, trienios e un complemento, aparte a paga adicional.  Por suposto hai que ter en conta os trienios que cobrabamos no período de devengo desa extra (xuño a novembro de 2012, incluídos).
En definitiva, para o devengo da extra de xuño tómanse como base 183 días, fareivos o calculo do que lle devolverían a un xestor con 4 trienios de oficial e tres trienios de xestor:
                SOLDO                                                 1.108,61
                TRIENIOS OFICIAL                           177,52
                TRIENIOS XESTOR                           166,32
                COMPLEMENTO                              364,78
                TOTAL                                                  1.817,23
                A cantidade total hai que dividila entre 183 días, o que daría o total de 9,93€/día, o que multiplicado por 22, daría un total de 218,46, que sería o que lle devolverían da extra.
                Con respecto a paga adicional, somentes pagan 7 días, ou sexa, a metade de 14, que son os días que van desde o 1 de xullo ó 14 de xullo, que foi cando entrou o decreto 20/2012.
                A PAGA ADICIONAL (ART.12.3 LEI 14/06), non se devenga como a extra,  a extra de decembro devengase de 1 de xuño a 30 de novembro (183 días), pero a paga adicional devengase desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro (184 días), entón o mes de xuño non o pagan, polo tanto pagan a metade de 14 días, ou sexa 7 días.  
                Se dividimos a paga adicional dun xestor que con 399,43 entre 184 días danos un total de 2,1708, e se esta cantidade a multiplicamos por 7 días, danos 15,1957, mais ou menos 15,20€ que e o que lle pagan.
                Tramitación 348,87 dividido 184 da 1,8960 e multiplicado por 7 da 13,27222.
                Auxilio 326,12 dividido por 184 da 1,7723, e multiplicado por 7 da 12,4067.