17 dic 2014

ULTIMA HORA EXTENSIONS EFECTOS EXTRA 2012

logo spj originalComo xa vos informamos recentemente, estamos a presentar solicitudes de extensión de efectos en todas as localidades para acadar que todos os compañeiros de Galicia se beneficien das sentencias gañadas por SPJ-USO.
Nas localidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña y Ourense, os expedientes de extensión de efectos están a tramitarse e queda suspendida a decisión dos mesmos ata que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre os recursos de casación que se presentaron. Espérase que esta decisión chegue nun prazo dun o dous meses como moito. E por iso que insistimos na conveniencia de ter iniciado o incidente a fin de gañar tempo, de xeito que dende agora podamos devengar os intereses que nos corresponden.
Na localidade de Ferrol, as nosas alegacións á solicitude da Xunta de suspender os incidentes por ter recorrida a sentencia da Coruña diron resultado e o maxistrado do Xulgado do Contencioso ditou máis de trinta autos desestimando a suspensión e extendendo os efectos da sentencia, con intereses dende a interposición do incidente. Estes autos estanse remitindo á Delegación  territorial da Coruña para que calculen os intereses e fagan a liquidación correspondente da sentencia, que logo de pasar por intervención, será aboada ós solicitantes; desmentindo o que algún outro sindicato, non sabemos con qué intención, foi desinformando ós compañeiros decindo que ningúen ía cobrar.
Neste intre estanse a tramitar cerca dun centenar de incidentes de extensión e, como o prazo para recorrer a sentencia en casación xa rematou, todos os incidentes que se presenten van ir adiante e dictarase auto de extensión de efectos a favor do solicitante.
Na localidade de Lugo, o xuízo celebrouse o pasado día 9 de decembro, e en canto se dicte sentencia vos informaremos puntualmente tanto da mesma, como do trámite para solicitar a extensión de efectos en caso de que sexa estimatoria dos nosos intereses.
Na localidade de Santiago, aínda non se sinalou a vista, polo que hai dúas posibilidades, esperar a que se sinale ou solicitar extensión de efectos da sentencia da Coruña, como fixeron moitos compañeiros, que é a solución que pensamos máis axeitada.
Para ver la circular pulsar sobre la imagen.

Acerca de estos anuncios
En ocasiones, algunos de tus visitantes pueden ver aquí un anuncio.