Xa
van catro sentencias que condenan á Xunta de Galicia á devolución da
paga extra de decembro do ano 2012, que indebidamente lle foi suprimida
ós funcionarios de Xustiza de todo o territorio nacional, sentencias
ditadas en A Coruña, Vigo, Pontevedra e Ourense, e no caso destas dúas
últimas, mellorando as ditadas en Vigo e A Coruña, toda vez que condenan
ó pago da totalidade do concepto de paga extra, e ademais a de Ourense
concede igualmente o concepto de Paga Adicional do art. 12.3 da Lei
14/06. Como vedes, imos mellorando e trataremos de mellorar máis coas novas sentenzas que sairán en Ferrol, onde xa se celebrou a vista e en Lugo que está sinalada para o 9 de decembro e, en Santiago onde aínda non se sinalou, polo que nestes lugares aínda tardarán en saír, pero sairán, porque neses lugares tamén presentamos demandas.
Dende SPJ-USO, tal e como vos temos informado persoalmente de mesa en mesa por todos os órganos xudiciais, consideramos que ante a absoluta cerrazón de la Xunta de Galicia a negociar sobre os múltiples recortes sufridos nos últimos años, a única vía posible de actuación era a presentación das oportunas demandas xudiciais en todas as localidades onde existen Xulgados do Contencioso-Administrativo para, en caso de lograr sentencias favorables ós nosos intereses, solicitar a extensión de efectos das mesmas e dar amparo a todos os compañeiros e compañeiras de Galicia.
Por último queremos deixar ben claro que:
- Somos o primeiro sindicato que obtivo sentencias favorables en Galicia para a recuperación da paga extra de decembro 2012, xa van catro, todas deste sindicato, péselle a quen lle pese.
- Somos o único sindicato que recorre o Decreto de Incapacidades (descontos por baixas) da Xunta de Galicia.
- Somos o único sindicato que recorre os descontos do Complemento Autonómico Transitorio.
- Somos o único sindicato que no seu día recurriu e gañou o dereito a que se nos recoñecera una redución de xornada máis vantaxosa que a do resto de funcionarios da Xunta de Galicia.
- Somos o único sindicato que conseguiu por medio das oportunas sentencias, que se lles pagara ós xestores de varios Rexistros Civís polo traballo que realmente realizan firmando certificacións e asumindo responsabilidades.
Este é o noso traballo, real, efectivo e para todos. Creemos que non basta con sacar titulares nos medios de comunicación, e tampouco basta con publicar as nosas sentenzas nos blogs, nin ir polos xulgados confundindo ós compañeiros e aconsellando dunha maneira, para o día seguinte cambiar o criterio, co único obxecto de tratar de restarlle importancia ó que este sindicato, que realmente representa os intereses do noso colectivo, está obtendo a base de traballo e feitos e non a base de tratar de aproveitarse do traballo de ninguén.
SPJ-USO, SEGUIRÁ IMPULSANDO O EXERCICIO DAS ACCIONS XUDICIAIS POR TODA GALICIA, ENCABEZADAS POLOS NOSOS DELEGADOS, QUE NOS PERMITAN RECUPERAR DEREITOS E RETRIBUCIONS CERCENADOS DURANTE ESTOS ANOS
CIRCULAR SENTENCIA PONTEVEDRA Y OURENSE