Como
xa sabedes, por fin!! temos na Coruña e en Vigo, sentenza que condena a
Administración a devolución da paga extra que nos foi roubada ós
funcionarios de xustiza en decembro de 2012.A sentenza que se ditou en Coruña igual que o fixera a de Vigo, condena a Administración a pagar íntegro o concepto de paga extra, máis parte da paga adicional, mellorando neste punto as ditadas en Sevilla e en Valencia.
Este sindicato vai asesorar, como sempre fixo, a todos os funcionarios que nolo soliciten, afiliados ou non, co fin de pedir a extensión de efectos, porque ese foi o noso compromiso desde o principio, para axudarlles a que cobren o que indebidamente lle quitaron.
A sentenza é firme polo que temos aberta a posibilidade de pedir a devandita extensión de efectos nas localidades de Vigo e Coruña. A extensión dos efectos da sentenza, na vía contencioso administrativa, ven regulada no artigo 110 da LXCA, onde se fixa o prazo de un ano para para pedila. Este prazo dun ano, cóntase desde a última notificación da sentenza ós que foron parte no proceso e, no caso de que se interpoña recurso en interese de lei ou de revisión, este prazo contarase desde a última notificación da resolución que poña fin a este recurso.
Nos vindeiros días percorreremos todos os centros de traballo para informarvos persoalmente dos trámites para acadar canto antes a recuperación da paga extra do 2012 e resolver as dúbidas que podan xurdir neste tema.
Polo tanto, e vistas as tonterías que se están vertendo en relación coas sentencias obtidas, queremos dicir o seguinte:
1º.- Temos que pedir perdón por ser os primeiros en Galicia que presentamos reclamacións e que obtivemos sentenzas condenatorias.
2º.- Este sindicato, non pretendeu nunca, nin pretende, obter beneficio económico algún a costa dos compañeiros, sómente está empeñado en que recuperemos os nosos dereitos, como ven demostrando coas actuacións que está levando a cabo.
3º.- Efectivamente a administración pode interpoñer recurso de casación en interese de Lei no prazo de tres meses, e non sabemos se o fará, pero, en todo caso, isto non impide que solicitemos a extensión de efectos xa.
Se finalmente non se interpón recurso de casación, a extensión continuaría o seu trámite e no caso de que se interpuxera o recurso, a extensión xa estaría pedida e quedaría en suspenso ata que se resolva. Hai que pensar neste tema que o prazo para reclamar salarios prescribe ós catro anos, polo tanto se non iniciamos persoalmente reclamacións antes dos catro anos caducaría a acción. Ó mellor é o que pretenden algúns.
4º.- Nós aconsellamos a todo o mundo que pida a extensión de efectos canto antes. Como xa dixemos, xa estamos tramitando as dos nosos afiliados, e imos tramitar as de todos os compañeiros non afiliados que o desexen, tendo que aportar neste caso unha cantidade simbólica para pagar o avogado, e polo agravio comparativo que suporía para os nosos afiliados que se lle fixera gratis ós demais.
DESCARGAR CIRCULAR EXTENSION EFECTOS