5 may 2014

Xunta e Fiscalía acordan iniciar os trámites para implantar a nova Oficina Fiscal de Galicia

logointranetPublicado na intranet. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela asistiron hoxe á reunión da Comisión Mixta Xunta-Fiscalía onde acordaron iniciar os trámites para poñer en marcha a nova organización da Fiscalía de Galicia.

Esta nova Oficina Xudicial ponse en marcha co obxectivo de dar resposta á necesidade de dotar á Administración de Xustiza duns métodos máis eficientes e dunha organización máis áxil, transparente e axustada ás necesidades actuais.
As reformas lexislativas referentes á oficina xudicial e á fiscal producidas nos últimos anos, requiren dun profundo cambio na organización e funcionamento da Administración de Xustiza, e o novo modelo da Oficina Fiscal fundamentase nunha estrutura xerarquizada, con tres áreas funcionais e un coordinador/a da Oficina Fiscal.
O proceso de implantación será máis doado porque, na actualidade, Galicia é pioneira na posta a disposición da Fiscalía de medios informáticos avanzados, grazas ao importante investimento en medios tecnolóxicos, o que supuxo, entre outros avances, a renovación de todo o parque tecnolóxico, o aumento do ancho de banda; a instalación xeneralizada videoconferencia.; o subministro de medios de encriptación; equipos de voz; conexións vpn que permiten o acceso en remoto a todas as aplicacións informáticas (só en Galicia) e utilización de Lexnet pola Fiscalía de Menores.
Actualmente, a nosa comunidade conta con 12 oficinas fiscais, 1 Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma; 4 Fiscalías Provinciais (A Coruña, Lugo, Ourense,e Pontevedra); 3 Fiscalías de Área (Santiago, Ferrol, Vigo) e 4 Seccións Territoriais (Mondoñedo, Monforte de Lemos, Verín e Cambados). O número de fiscais incrementouse en máis dun 30% nos últimos anos, chegando aos 145 actuais. E nestes anos a Comunidade autónoma reforzou o persoal funcionario de apoio aos fiscais, chegando ata os 124 efectivos. No proceso de implantación vanse consolidar 22 postos de traballo de funcionarios nas distintas fiscalías galegas.