Por
fin en Galicia xa temos unha sentenza que condena a Administración a
devolución da paga extra que nos foi roubada en decembro de 2012, os
funcionarios de xustiza.Esta é a primeira sentencia que se dita na comunidade galega, e virán mais, onte celebrouse a vista en Ourense pola mesma reclamación e hoxe celebrarase en A Coruña, quedando tamén pendente a celebración das vistas en Lugo, Pontevedra, Ferrol e Santiago, onde este sindicato presentou demandas para que todos os funcionarios da administración de xustiza en Galicia poidan pedir a extensión de efectos se todas as sentencias son estimatorias, cubrindo todo o territorio da comunidade galega a estes efectos.
A sentencia que se ditou en Vigo condena a Administración a pagar íntegro o concepto de paga extra, máis parte da paga adicional, sentenza que mellora neste punto as ditadas en Sevilla e en Valencia, imos mellorando.
Dito isto, e fartos de estar calados diante das informacións partidistas dalgún sindicato “amigo”, que nin xiquera merece nomear, para non darlle publicidade gratuíta, este sindicato, sen que sirva de precedente, (non é a nosa maneira de traballar iso de criticar ós demais, nos traballamos con feitos), quere que todos os compañeiros saiban que somos o único sindicato que presentou demandas reclamado a paga extra de decembro de 2012, que presentou demandas contra a detracción que se nos fixo e se nos está facendo sobre o CAT, que presentou demanda contra o decreto das IT ditado pola Xunta de Galicia e, que conseguiu que se lle pague ós Xestores con delegación de firma nos Rexistros Civís catro puntos por mes, percibindo catro anos de atrasos, (catro funcionarios xa teñen sentencias favorables), así que non veña ninguén agora a apuntarse o carro vendendo traballo, cando o único que fan é aproveitarse do traballo de quen verdadeiramente se molla e traballa de verdade e o demostra con feitos, non con comunicados absurdos e malintencionados.
Por suposto que este sindicato vai asesorar, como sempre fixo, a todos os funcionarios que o demanden, afiliados ou non, de como poden pedir a extensión de efectos das sentencias estimatorias que se obteñan, porque ese foi o noso compromiso desde o principio.
Por suposto que este sindicado como sempre o fixo, ten a asesoría xurídica e os seus delegados, a disposición de todos os funcionarios, afiliados ou non, para axudarlles a que cobren o que indebidamente lle quitaron.
Hai que ter pouca vergoña para querer aproveitarse do traballo noso, que non vos enganen, en Galicia hai unha sentenza que nos recoñece a devolución da extra de decembro de 2012 e haberá outras seis máis, non sabemos se estimatorias ou non, pero o que si sabemos e que os primeiros que iniciaron as accións xudiciais para recuperala en Galicia, fomos nos, non é casualidade por tanto que as primeiras sentenzas que recoñecen a devolución da paga extra de decembro de 2012 sexan deste sindicato.
En canto as sentenzas vaian adquirindo firmeza, iremos informando de como pedir a extensión de efectos, e por suposto os nosos delegados están á vosa disposición, como sempre estiveron, para que lles pidades as aclaracións e informacións que necesitedes e consideredes oportunas.
COMUNICADO SENTENCIA PAGA EXTRA