Por
fin en Galicia xa temos a segunda sentenza que condena a Administración
a devolución da paga extra que nos foi roubada en decembro de 2012, os
funcionarios de xustiza. Esta é a segunda sentencia que se dita na comunidade galega, a primeira foi a semana pasada en Vigo, tamén a instancia do noso sindicato, e virán mais, quedando tamén pendente a celebración das vistas en Lugo, Pontevedra, Ferrol e Santiago, onde este sindicato presentou demandas para que todos os funcionarios da administración de xustiza en Galicia poidan pedir a extensión de efectos se todas as sentencias son estimatorias, cubrindo todo o territorio da comunidade galega a estes efectos.
A sentencia que se ditou en Coruña igual co fixera a de Vigo condena a Administración a pagar íntegro o concepto de paga extra, máis parte da paga adicional, sentenza que mellora neste punto as ditadas en Sevilla e en Valencia, imos mellorando.
Por suposto que este sindicato vai asesorar, como sempre fixo, a todos os funcionarios que o demanden, afiliados ou non, de como poden pedir a extensión de efectos das sentencias estimatorias que se obteñan, porque ese foi o noso compromiso desde o principio.
Por suposto que este sindicado como sempre o fixo, ten a asesoría xurídica e os seus delegados, a disposición de todos os funcionarios, afiliados ou non, para axudarlles a que cobren o que indebidamente lle quitaron.
DESCARGA EL COMUNICADO SENTENCIA PAGA EXTRA