24 abr 2014

Incidencias no horario e xornada especial

relojNo dia de onte 23/04/2014, publicouse na intranet de xustiza as instrucións para xestionar a incidencia parcial por horario e xornada especial.
Calquera servizo motivado nun servizo de garda ou nun cambio da quenda de rexistro civil, realizado con posterioridade ás 18.30 da tarde e ata as 07.30 da mañá, en horario de inverno, ou dende as 17.30 da tarde e ata as 08.00 da mañá, en horario de verán, requirirá da cubrición da correspondente incidencia.
Ao igual que o resto das incidencias de control horario, na súa tramitación non se require a sinatura por parte do superior funcional da unidade.
Na intranet están desglosados os pasos a seguir para tramitar a incidencia.
Calquera dubida que teñades, poñédevos en contacto cos nosos delegados.