
Na Intranet, no día de hoxe, 9.9.2013, publícouse a seguinte nota: “..Convócase, mediante a
Resolución do 4 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal en
comisión de servizo do posto de subdirector/a do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) na Subdirección Territorial de Vigo para funcionarios/as do corpo de médicos forenses.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da dita convocatoria nesta intranet….”