Pola DXX remitíusenos a seguinte comunicación, en relación coas substitucións:“…Comunícovos que no sucesivo, e para axilizar a tramitación das provisións de postos de traballo mediante substitucións, procederase á publicación simultánea na intranet durante tres días hábiles, tanto das substitucións verticais coma das horizontais…”
É dicir, sairán as dúas convocatorias á vez, primeiro resolveranse as peticións de substitución vertical e, senón houbese interesados, procederase á adxudicación horizontal.