15 may 2013

EGAP. Publicada a convocatoria dos cursos de formación para o persoal da Admón. de Xustiza

logo_dogNo DOG de hoxe, 15.5.2013, publícase a RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Escola Galega de Administración Pública, pola que se convocan actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de instancias e de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 Para ver a resolución premer aqui

RELACION DE CURSOS XUSTIZA 2013