16 nov 2012

Control horario. Ampliación do sistema de fichaxe en Santiago

Pola DXX remitiusenos a seguinte comunicación en relación con implantación do sistema de fichaxe:  “…Comunicámoslles que en breve se procederá á publicación na intranet de xustiza da seguinte nova:  A partir do  día  1 de decembro  todos os órganos da Administración de Xustiza de Santiago de Compostela terán habilitado o sistema de fichaxe e control horario coa tarxeta corporativa no PC do posto de traballo, completando así o inicio do programa no Xulgado de Primeira Instancia Núm. 3 e nos xulgados do social de Santiago de Compostela.
O anterior sistema de fichaxe nas máquinas existentes nos edificios xudiciais quedará deshabilitado a partir da dita data sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos do control do cumprimento do horario.
Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe….”