Como
sabedes por parte de SPJ-USO presentáronse senllos escritos ante a EGAP
e a DXX solicitando a suspensión da orde de anulación dos cursos de
Linguaxe Xurídica Galega, pois ben, recibimos unha notificación da DXX
convocándonos a unha reunión da Mesa de Formación para tratar o tema, a
cal tera lugar o vindeiro día 27 de xuño, coa seguinte orde do día:
“Informar da modificación na
programación das accións formativas para os empregados públicos da
Administración de Xustiza para o ano 2012.”
Dende SPJ-USO esperamos que a
Administración atenda as nosas peticións, as cales reiteraremos na mesa
convocada, e deixe sen efecto a anulación dos cursos.