1 dic 2011

Accion Social. Tramitación das listaxes definitivas

Pola DXX remitiusenos a seguinte comunicación, en relación coa xuntanza mantida onte pola maña, na mesa de Acción Social:

 


“…Os documentos contables están xa na intervención para a súa fiscalización. Unha vez que nolos remitan fiscalizados, as listaxes definitivas coas cuantías a repartir mandaranse ás Organizacións Sindicais por correo electrónico (referidas aos programas I e II) antes da súa publicación no DOG.
Paralelamente, darase aviso ao CIXTEC para que xeren os arquivos coas cuantías para o seu envío ás entidades bancarias para que se realice o pagamento (estos arquivos xa os están preparando para que no momento en que a intervención nos mande os documentos contables o proceso sexa case inmediato).
 Recordarvos que no DOG sae o anuncio da publicación das listaxes e o lugar para consultalas….”