26 oct 2011
Oposicións 2010, Xestión Libre, data de inicio da fase teórica do curso selectivo
Na
Intranet ven de publicarse a convocatoria para os aspirantes do proceso
selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de
xestión procesual e administrativa aprobados no ámbito de Galicia no
proceso selectivo convocado pola Orde XUS/1654/2010, nomeados funcionarios en prácticas, para
que se presenten na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ás
9.30 horas do día 7 de novembro, nos termos que determina a orde de
nomeamento, para o desenvolvemento da fase teórica do curso selectivo.