2 sept 2011

Tres novos cursos para funcionarios de fóra da Comunidade do curso medio de linguaxe xurídica galega

Dende a EGAP e dende a propia Dirección Xeral de Xustiza infórmannos de que atenderán as reiteradas reclamacións de SPJ-USO, para que se cubran a totalidade de solicitudes para o curso medio de linguaxe xurídica galega, para funcionarios destinados fóra de Galicia. Polo que para a semana que vén está prevista a convocatoria de tres novos cursos, de 30 prazas cada un, na modalidade de teleformación.
Agradecemos tanto á DXX, como á propia EGAP, que se atendese á nosa xusta reivindicación, xa que deste xeito se evitará unha clara discriminación para estes compañeiros destinados fóra de Galicia e polo tanto poderán participar en igualdade de condicións no próximo concurso de traslados