13 jul 2011

Convocatoria dun novo curso medio de linguaxe xurídica galega, para o persoal de fóra da Comunidade

Pola EGAP remitíusenos a seguinte mensaxe en relación coa convocatoria dun novo curso medio de linguaxe xurídica galega, para o persoal destinado fóra da Comunidade
Para o vindeiro mes de setembro anunciase a convocatoria dun novo curso de Linguaxe Xurídico galego nivel medio, na modalidade de teleformación, dirixidos ao persoal da Administración de Xustiza, que está destinado fora desta Comunidade Autónoma. A tal fin agradecerialle que fixera chegar a tódolos órganos interesados a resolución que se acompaña.
O prazo de matrícula do referido curso estará aberto dende o 14 ata o 27 de xullo de 2011.
A inscrición haberá que realizala na seguinte dirección http://egap.xunta.es/matrícula
Para visualizar a convocatoria pulsar sobre o seguinte enlace II Convo cursos LXG fóra de Galicia