25 ago 2010

Oposicions 2008, Xestión Procesual, curso selectivo en Galicia


Na Intranet Xudicial publicouse a seguinte nota informativa  coa esolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se establece o procedemento a seguir no curso selectivo de funcionarios en prácticas do corpo de xestión procesual e administrativa polo sistema de promoción interna, convocado pola Orde JUS/3338/2008.
 
"A fase teórica desenvolverase do 13 ao 17 de setembro, e posteriormente terán lugar as 3 semanas de prácticas tuteladas.

Os aspirantes do proceso selectivo que se relacionan no anexo II da resolución deberán presentarse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), seminario D (2º andar), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, o día 13 de setembro ás 9.00 h.

Está prevista a exención da realización da fase de prácticas tuteladas en órganos xudiciais aos aspirantes que se relacionan no anexo III da resolución."