No DOG do día 10.5.2010, publicouse a Orde do 3 de maio de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.
Persoas beneficiarias:Aquelas persoas que teñan fillos menores de tres anos na data 1 de xaneiro de 2010 (nacidos entre o 2.1.2007 e o 1-1-2010 inclusive.
Quedan excluídos aquelas unidades familiares en que os ingresos de forma individual ou conxunta (segun opción de declaración), superen no exercicio 2008 os 22.000 euros sumadas ás bases impoñibles xeral e de aforro da declaración do IRPF.
Prazo de presentación de solicitudes:
Corenta días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG (10 de maio de 2010) polo que finaliza o 19 DE XUÑO DE 2010.