28 abr 2010

Cesamento dos interinos que non teñen titulación


Pola DXX deusenos traslados do correo electrónico enviado aos Departamentos Territorias con algunhas cuestións referentes á transición das anteriores bolsas de interinos ás actuais.
A disposición transitoria 13ª da Lei Orgánica 19/2003 de modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX) emprazou ás  Administracións territoriais competentes para proceder a regularizar a situación dos funcionarios interinos que desempeñasen un posto de traballo nos Corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza sen reunir os requisitos  de titulación académica que na actualidade esixe o artigo 475 da LOPX. O prazo establecido en dita disposición transitoria venceu no periodo que intermediou entre a aprobación da bolsa de interinos levada a cabo a través da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza de 2005 e a Resolución de aprobación das novas bolsas de onte, 26 de abril de 2010.
É por iso que con motivo da aprobación das novas bolsas resulta imprescindible regularizar a situación das ditas persoas, que seguirá o seguinte procedemento:
1º Determinación das persoas afectadas
2º Notificación e concesión dun prazo de dez días para que poidan acreditar que a día da data si teñen a titulación académica esixible
3º) Determinación do periodo de vacacións pendentes de goce
4º) Fixación da data de cesamento.
Cómpre precisar que esta cuestión afecta exclusivamente as persoas que están traballando como auxiliares (o auxiliadores) xudiciais interinos sen o título de graduado en ESO, como tramitadores interinos sen o título de graduado en Bacharelato e xestores interinos sen o titulo de Diplomado Universitario. Son situacións que proceden das bolsas de interinos de 2002 e incluso anteriores.
Cuestión diferente é a das persoas nomeadas ao abeiro das bolsas de 2004-2005 que non estean incluídas nas bolsas novas, ou que estean en corpo diferente. Estas persoas continuarán no seu posto ata que se dea algún dos supostos de feito previstos para o cesamento (incorporación do funcionario titular, finalización da medida de reforzo, etc.).