Onte a DXX acordou a prórroga do nomeamento dos interinos de reforzo que vencían hoxe. A prórroga acordouse ata o día 31 de outubro, salvante os reforzos destinados en xulgados do penal e de Cambados que se prorrogaron ata o 31 de decembro.A DXX adoptou esta medida con caracter transistorio e excepcional. E procederá agora a facer un seguimento da efectividade dos reforzos. Comprobarase a evolución estatística, o cumprimento horario e, se se estima necesario, solicitarase ampliación da información aos directores funcionais das unidades reforzadas e, se é o caso , dos secretarios coordinadores provincias.Cando se complete esta información as solicitudes serán trasladas ao Grupo Técnico de Persoal da Comisión Mixta para decidir que medidas continuan a partir do vindeiro 1 de novembro.Igual modo de proceder se aplicará as solicitudes de novos reforzo recibidas ata agora.Ós mismos criterios aplicaranse as prolongacións de xornada.O Servizo de Persoal está, dende onte, comunicando telefónicamente estas prórrogas a cada unha das unidades afectadas.Non é necesario que as unidades repitan as peticións de prórroga ou solicitude de novos reforzos ou prolongacións xa cursadas
30 sept 2009
Prorroga dos reforzos
Na Intranet publicouse a seguinte nota da DXX: